Wikipedia

Resultados de la búsqueda

martes, 22 de junio de 2021

FIN DE CURSO

 O curso 20/21 xa rematou e agora é o momento de descansar.

Teríanos gustado celebralo como estaba planeado, pero o tempo dos últimos días impediuno, pero o curso que ven teremos unha nova oportunidade para celebralo como se merece.

Hoxe, co cambio de plans, vimos unha película, merendamos, xogamos no patio e para rematar… fixemos a entrega de premios do festival de cine, no que os nosos trapalleiros gañaron o premio á mellor curtametraxe, e é que o fixeron realmente ben.

Ademais, cada neno e nena levou un “diario” para poder contar as súas aventuras do verán e así podelas compartir á volta das vacacións. 

E xa para rematar, desde a cidade dos trapalleiros queremos desexarvos un mooooi feliz verán a todos/as e vémonos de novo en setembro!!







lunes, 21 de junio de 2021

Festival de cine

 Hoxe os nosos trapalleiros visitaron o cine de Leiro para ver o festival de cine deste ano, no que eles reprasentaron “La tempestad” da man do mestre Álvaro.

E á volta ó colexio puideron presenciar a graduación do alumnado que cambia de etapa.






jueves, 17 de junio de 2021

Entrega de penso e móbiles

 Na mañá de hoxe tivo lugar a entrega do penso e dos teléfonos móbiles que se recolleron nas últimas semanas.

En total enviamos 40 móbiles ao instituo Jane Goodall para contribuír á súa labor en defensa dos chimpancés; e 477kg de penso á protectora de animais Arume para axudar a alimentar a todos os animais dos que alí se encargan.

Desde o colexio agradécese profundamente a xenerosidade de toda a comunidade educativa.









lunes, 14 de junio de 2021

Traballos de lectura (xuño)



 O curso vai chegando ao seu fin e os nosos trapalleiros adiantaron a entrega dos seus traballos de lectura do mes de xuño.

Aquí deixamos unhas imaxes das súas creacións:












jueves, 3 de junio de 2021

Os riscos de internet

 Hoxe tivemos a ocasión de recibir unha charla sobre os riscos de internet, levada a cabo por Roberto, un integrante do corpo da Garda Civil.

Aprendimos cousas que descoñecíamos e que nos permiten ser conscientes do expostos que estamos cada vez que usamos un dispositivo con conexión a internet: a información que se recolle sobre nós sen que sexamos conscinetes, a pegadas que deixamos cando usamos unha rede social, como ao outro lado da pantalla pode haber unha persoa descoñecida facéndose pasar por un amigo/a...

Foi realmente interesante e seguro que nos axuda a evitar poñernos en risco tanto no presente coma no futuro.




lunes, 31 de mayo de 2021

Traballos de lectura (maio)

 Hoxe, co remate do mes de maio, recibimos os últimos traballos sobre os libros que os nosos trapalleiros leron durante este último mes.

O nivel non para se subir, e é que con cada nova entrega vemos como os traballos son cada vez mellores e as ideas cada vez máis orixinais e variadas.

Menudos/as artistas!!!














jueves, 27 de mayo de 2021

Celiaquía


 Esta mañá os nosos trapalleiros tiveron a oportunidade de coñecer a celiaquía gracias á charla que nos veu dar Damaris.. Aprenderon cousas como:

  • O que é.
  • Como se detecta.
  • Os síntomas que produce.
  • O que causa en quen a padece.
  • A quen pode afectar.
  • Como actuar se somos celíacos ou se coñecemos a alguén con celiaquía.
  • Como recoñecer os produtos sen glute.
  • A importancia de evitar a contaminación cruzada.
  • E moitas máis cousas.
Ademais tiveron a oportunidade de poñerse a proba con algunhas cuestións que se lles plantexaron, así como de preguntar dúbidas.
Foi unha conversa realmente interesante.



Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...