Wikipedia

Resultados de la búsqueda

viernes, 22 de enero de 2021

Mochila viaxeira

 Hoxe, venres 22 de xaneiro, damos comezo aos ciclos das mochila viaxeiras.

Trátase dunha iniciativa que persegue animar ao noso alumnado a descubrir o placer da lectura.

Os libros contan historias que lles axudarán tanto a coñecer o mundo que os rodea, como a afondar en si mesmos e nos seus sentimentos.

Nestas mochilas poderán escoller entre diferentes libros: de lingua galega, de lengua castellana, de lingua inglesa, cómics, libros de poesía... e ata un DVD ou un libro dirixido ás familias, para que elas podan participar e desfrutar tamén da actividade.

Pola súa parte, ao levar a mochila viaxeira, os nosos nenos e nenas comprométense a ler polo menos un dos libros que inclúe, a deixar as súas impresións reflectidas no diario da mochila e, por suposto, a coidala e devolvela nas mesmas condicións nas que a levaron.

E, finalemente, presentámosvos aos trapalleiros que deron comezo ás viaxes desta mochila, que foron: en 3º Antía e en 4º Sebas.

Desfrutade dela ao máximo!!! 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...