Wikipedia

Resultados de la búsqueda

martes, 22 de junio de 2021

FIN DE CURSO

 O curso 20/21 xa rematou e agora é o momento de descansar.

Teríanos gustado celebralo como estaba planeado, pero o tempo dos últimos días impediuno, pero o curso que ven teremos unha nova oportunidade para celebralo como se merece.

Hoxe, co cambio de plans, vimos unha película, merendamos, xogamos no patio e para rematar… fixemos a entrega de premios do festival de cine, no que os nosos trapalleiros gañaron o premio á mellor curtametraxe, e é que o fixeron realmente ben.

Ademais, cada neno e nena levou un “diario” para poder contar as súas aventuras do verán e así podelas compartir á volta das vacacións. 

E xa para rematar, desde a cidade dos trapalleiros queremos desexarvos un mooooi feliz verán a todos/as e vémonos de novo en setembro!!







lunes, 21 de junio de 2021

Festival de cine

 Hoxe os nosos trapalleiros visitaron o cine de Leiro para ver o festival de cine deste ano, no que eles reprasentaron “La tempestad” da man do mestre Álvaro.

E á volta ó colexio puideron presenciar a graduación do alumnado que cambia de etapa.






jueves, 17 de junio de 2021

Entrega de penso e móbiles

 Na mañá de hoxe tivo lugar a entrega do penso e dos teléfonos móbiles que se recolleron nas últimas semanas.

En total enviamos 40 móbiles ao instituo Jane Goodall para contribuír á súa labor en defensa dos chimpancés; e 477kg de penso á protectora de animais Arume para axudar a alimentar a todos os animais dos que alí se encargan.

Desde o colexio agradécese profundamente a xenerosidade de toda a comunidade educativa.









lunes, 14 de junio de 2021

Traballos de lectura (xuño)



 O curso vai chegando ao seu fin e os nosos trapalleiros adiantaron a entrega dos seus traballos de lectura do mes de xuño.

Aquí deixamos unhas imaxes das súas creacións:












jueves, 3 de junio de 2021

Os riscos de internet

 Hoxe tivemos a ocasión de recibir unha charla sobre os riscos de internet, levada a cabo por Roberto, un integrante do corpo da Garda Civil.

Aprendimos cousas que descoñecíamos e que nos permiten ser conscientes do expostos que estamos cada vez que usamos un dispositivo con conexión a internet: a información que se recolle sobre nós sen que sexamos conscinetes, a pegadas que deixamos cando usamos unha rede social, como ao outro lado da pantalla pode haber unha persoa descoñecida facéndose pasar por un amigo/a...

Foi realmente interesante e seguro que nos axuda a evitar poñernos en risco tanto no presente coma no futuro.




Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...