Wikipedia

Resultados de la búsqueda

viernes, 30 de octubre de 2020

SAMAÍN

Remata outubro e con el chega o Samaín.

Durante a última semana estivemos decorando a aula e o corredor, mais os nosos nenos e nenas estaban desexando que chegase o día de hoxe para celebralo e pasalo en grande.

Fixemos "Trick or treat", un "photocall", conxuros terroríficos, concurso de decoración con produtos do outono... 
Ademais, toda a clase participou do día disfrazada para a ocasión. 





Foi un gran día!!!


Día das escritoras e día das bibliotecas escolares

 Nas últimas semanas tivmemos a oportunidade de celebrar, xunto ao noso alumnado, o día das escritoras (19 de outubro) e o día das bibliotecas escolares (24 de outubro).

Para elo, na clase de 3º e 4º escollimos a Paula Carballeira. Os nenos e nenas da clase coñeceron un pouco máis sobre a súa vída e sobre a súa obra, especialmente de "Somos os monstros". E ao final fixeron unha actividade que actualmente está exposta na subida ao 2º andar do colexio.

Ademais, fíxose entrega dos carnés da biblioteca e dun marcapáxinas que cada quen decorou ao seu gusto.

Quedáronlles uns traballos preciosos!!!





lunes, 19 de octubre de 2020

Heroes contra o coronavirus

 Os nosos nenos e nenas participaron nunha charla informativa sobre a COVID-19. 

Coa axuda de vídeos e das explicacións do persoal sanitario que acudiu ao centro, lembraron moitas cousas sobre prevención fronte ao coronavirus: como lavar as mans de maneira correcta, como colocar a mascarilla, como esbirrar... 

Tamén aprenderon a diferencia entre coronavirus e COVID-19; fixeron unha actividade con pintura para comprobar a corrección do proceso de lavado de mans; propuxeron maneiras de saudarse evitando o contacto físico...

Todos e todas participaron respondendo preguntas e propoñendo solucións ás distincas situacións que se lles plantexaban, e ao final recibiron o seu carné de heroes contra o coronvirus: "VIRUS FIGHTER" porque xa son uns auténticos expertos sobre como previr o virus.






Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...