Wikipedia

Resultados de la búsqueda

viernes, 28 de octubre de 2022

Samaín

 Hoxe celebramos o Samaín no colexio cun día especial no que todos acudimos ao cole disfrazados para a ocasión.

Fixemos receitas terroríficas que despois merendamos xunto co resto do alumnado, fixemos truco ou traco, fotografiámonos… Encántannos os días de festa!!







jueves, 27 de octubre de 2022

Curtametraxes OUFF

 A final do curso pasado enviamos algunhas curtametraxes do festival de cine a un concurso e hoxe tivo lugar a gala de entrega de premios no auditorio de Ourense, a onde acudimos con todo o alumnado de Primaria.

Nesta ocasión non obtivemos ningún premio, pero puidemos ver o traballo doutros colexios e pasar un día diferente.





miércoles, 26 de octubre de 2022

Preparación do Samaín

A semana do Samaín está a pleno rendemento e xa recibimos as decoracións terroríficas do alumnado.

Ademais, o venres, acudiremos ao colexio disfrazados, elaboraremos receitas orixinais coa temática desta celebración, entregaremos os premios ás mellores decoracións, faremos truco ou trato con Álvaro, conxuros con Ana…







sábado, 22 de octubre de 2022

Mochila viaxeira

 A mochila viaxeira continúa as súas viaxes, visitando agora as casas de Noelia e Yanira durante dúas semanas.

Agardamos que as disfruten moito,



martes, 18 de octubre de 2022

Traballos de lectura

 Xa temos con nós a primeira entrega dos traballos de lectura!!

Aquí deixamos unha mostra deles, e destacamos que este ano, como novidade, pódense entregar en outro formatos, como neste caso fixo Antía, que nos trouxo un vídeo no que nos fala do libro e o resume cunha interpretación do seu protagonista.

Animamos ao resto a que busque novas ideas e experimente outras formas de traballar a lectura.











viernes, 7 de octubre de 2022

Mochila viaxeira

 A mochila viaxeira botou a andar!!

Comezamos as rutas da mochila viaxeira polas casas dos nosos trapalleiros. Coma todos os anos, inclúe libros en galego, castelán e inglés. Tamén un de poesía, un de música, un para adultos (para as familias) e un xornal infantil. Ademais contén un pen drive co festival de cine do curso pasado.

Agardamos que Ari e Antía desfruten moito desta primeira visita das mochilas!!




jueves, 6 de octubre de 2022

Conversa con Karla

 No día de hoxe desfrutamos dunha conversa coa mestra Karla.

Falounos dos efectos que unha guerra, neste caso a de Rusia e Ucrania, causa nos nenos/as a través da súa experiencia con Viktor, un neno ucraniano de 8 anos.

Foi unha charla moi enriquecedora na que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º puido facer un montón de preguntas e así entender un pouco mellor o que é unha guerra.

Moitas gracias, Karla!! Encantounos conversar contigo!!





lunes, 3 de octubre de 2022

Cumpreanos de Marta

Hoxe celebramos o cumpreanos de Marta, e para celebralo invitou aos seus compañeiros a unha pequena merenda, e tivo tamén un datalle cos profes.

Moitas felicidades, Marta!! E moitas gracias pola invitación!!





Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...