Rematamos a nosa experiencia con este "Dicímoscho no´s" con un pouco de vocabulario.
Johanyelis e Oliver explícannos o significado dalgunhas palabras que podemos confundir por influencia do castelán.
Rematamos a nosa experiencia con este "Dicímoscho no´s" con un pouco de vocabulario.
Johanyelis e Oliver explícannos o significado dalgunhas palabras que podemos confundir por influencia do castelán.
É habitual ver que se dubida á hora de escribir algúns números. Escríbese xunto? Escríbese separado?
Gabriela e Alejandro explícannos como facelo para non equivocarnos nunca, e póñennos algúns exemplos para que o teñamos totalmente claro.
Seguro que algunha vez coñecistes a alguén que non era capaz de pronunciar o son da nosa letra "x".
Pois neste capítulo Breixo e Ari dannos algún truquiño para poder facelo sen dificultade.
Neste novo capítulo do "Dicímoscho nós", Sergio e María explícannos que debemos ter coidado coa ortografía.
En Galicia temos unha gran influencia do castelán, e iso pódenos levar a cometer erros, por exemplo, coas letras "b" e "v", xa que hai moitas palabras que se pronuncian igual nas dúas linguas pero que se representan graficamente con distinta letra.
Aquí vemos algúns exemplos:
Hoxe presentamos un dos nosos últimos traballos.
Levamos un tempo traballando nesta actividade e por fin a podemos presentar. Trátase da nosa propia versión do “Dígocho eu” da TVG, e en honra ao orixinal decidimos chamarlle “Dicímoscho nós”.
A primeira entrega corre a cargo de Noelia e Gabriel e explícannos que o galego pode ser útil incluso para a ortografía doutras linguas, neste caso para o uso da h nalgunhas palabras do castelán.
O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...