Hoxe tivemos a ocasión de recibir unha charla sobre os riscos de internet, levada a cabo por Roberto, un integrante do corpo da Garda Civil.
Aprendimos cousas que descoñecíamos e que nos permiten ser conscientes do expostos que estamos cada vez que usamos un dispositivo con conexión a internet: a información que se recolle sobre nós sen que sexamos conscinetes, a pegadas que deixamos cando usamos unha rede social, como ao outro lado da pantalla pode haber unha persoa descoñecida facéndose pasar por un amigo/a...
Foi realmente interesante e seguro que nos axuda a evitar poñernos en risco tanto no presente coma no futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario