Wikipedia

Resultados de la búsqueda

viernes, 25 de marzo de 2022

Mochila viaxeira (11ª ronda)

 Hoxe foi o turno de Óliver para levar a mochila viaxeira, e con el rematamos o percorrido da segunda mochila por todas as casas dos nosos nenos e nenas, e a seguinte visita será xa con contidos renovados.



jueves, 24 de marzo de 2022

Traballos de lectura de marzo

Unha vez máis, aquí temos os traballos sobre os libros que cada neno/a escolleu no último mes.

Coma sempre, ademais da lectura e do traballo realizado sobre os contidos do libro, os nosos trapalleiros demostran ser auténticos/as artistas coas manualidades que presentan.

Aquí temos algúns dos seus traballos:











lunes, 21 de marzo de 2022

Día da poesía na Insua dos poetas

Hoexe tivemos a oportunidade de asistir á conmemoración do día da poesía, celebrada na Insua do poestas.

Compartimos o día con outros centros educativos da comarca e con numerosas personalidades da educación e a cultura.

Todos os centros escolleron a un representante para recitar un poema de Florencio Delgado Gurriarán. No noso caso o elixido foi Gabriel, que o fixo de marabilla.

Tamén vimos un pequeno concerto de música en galego sobre ritmos latinoamericanos.

E rematamos coa plantación dun ombú, unha árbore típica e representativa de Arxentina.

Adrmais, entregáronnos un libro a cada un de nós.








lunes, 14 de marzo de 2022

Contacontos

 Hoxe recibimos no colexio a visita dunha contacontos con motivo da celebración do día da muller do pasado 8 de marzo.

Contounos 4 contos que nos encantaron, e fixemos algunhas tarefas que nos axudaron a comprender mellor que o por que da celebración deste día.

Foi unha actividade moi interesante e divertida.





viernes, 11 de marzo de 2022

Mochila viaxeira (10ª ronda)

 A mochila continúa as súas viaxes. 

Nesta ocasión soamente está a viaxar a de 6º, posto que ao haber máis alumnado neste curso, decidimos deixar a de 5º descansando para que a final de curso todos/as tiveran a oportunidade de levar a mochila o mesmo número de veces para a casa.

Por iso, esta vez, Sergio foi o único que a levou.

Agardamos que a desfrute moito.



Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...