Wikipedia

Resultados de la búsqueda

martes, 31 de mayo de 2022

Pintando o mural

Desde a semana pasada todo o alumnado do colexio participou na decoración dunha das paredes do colexio. Clase por clase foron pasando a pintar para axudar a Tatiana, a artista responsable deste gran traballo.
O noso turno chegou hoxe e axudamos coa parte final.





lunes, 30 de mayo de 2022

Dicímoscho nós. 4ª entrega (a escritura dos numerais cardinais)

 É habitual ver que se dubida á hora de escribir algúns números. Escríbese xunto? Escríbese separado?

Gabriela e Alejandro explícannos como facelo para non equivocarnos nunca, e póñennos algúns exemplos para que o teñamos totalmente claro.




viernes, 27 de mayo de 2022

Comezamos a rodaxe da nosa curtametraxe para o festival de cine

 O festival de cine está en marcha.

Tras preparar o guión, realizar o reparto de papeis, ler a obra e ensaiala, esta semana comezamos a rodar as primeiras escenas.

Pero  para completar o traballo imos precisar da colaboración
do resto do alumnado do colexio.

Conseguiremos un bo resultado??




Dicímoscho nós. 3ª entrega (pronuncia da letra x)

 Seguro que algunha vez coñecistes a alguén que non era capaz de pronunciar o son da nosa letra "x".

Pois neste capítulo Breixo e Ari dannos algún truquiño para poder facelo sen dificultade.



lunes, 23 de mayo de 2022

Dicímoscho nós. 2ª entrega (as letras "b" e "v")

 Neste novo capítulo do "Dicímoscho nós", Sergio e María explícannos que debemos ter coidado coa ortografía. 

En Galicia temos unha gran influencia do castelán, e iso pódenos levar a cometer erros, por exemplo, coas letras "b" e "v", xa que hai moitas palabras que se pronuncian igual nas dúas linguas pero que se representan graficamente con distinta letra.

Aquí vemos algúns exemplos:



miércoles, 18 de mayo de 2022

Dicímoscho nós, 1ª entrega (a norma do h)

 Hoxe presentamos un dos nosos últimos traballos.

Levamos un tempo traballando nesta actividade e por fin a podemos presentar. Trátase da nosa propia versión do “Dígocho eu” da TVG, e en honra ao orixinal decidimos chamarlle “Dicímoscho nós”.

A primeira entrega corre a cargo de Noelia e Gabriel e explícannos que o galego pode ser útil incluso para a ortografía doutras linguas, neste caso para o uso da h nalgunhas palabras do castelán.




Traballos de lectura de abril

Hoxe recibimos os traballos de lectura do mes de maio e, como é habitual, vemos auténticas obras de arte.




Revista do 3º trimestre

 Para rematar o curso presentamos o último traballo do noso alumnado.

Durante o 3º trimestre, e con motivo do día da muller, estivemos recollendo información e datos sobre diversas deportistas españolas.

Cada un dos nenos e nenas encargouse dunha deportista e buscou información persoal e profesional de cada unha deltas. Posteriormente organizouna e engadiulle unha imaxe.

Ademais, con todo ese traballo, estamos preparando tamén unha versión mural para a clase.

A verdade é que quedou moi chulo.







viernes, 13 de mayo de 2022

Día das Letras Galegas

No día de onte celebramos o día das Letras Galegas, que este ano se adican ao poeta Valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.

Tras unha pequena introdución sobre o autor, todas as clases do cole recitaron un poema do homenaxeado. No noso caso recitamos “Muiñada”.

Tamén cantamos o himno galego e todos os nenos e nenas fixeron unha coreografía de Terra, das Tanxugueiras.

Muiñada




Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...