Wikipedia

Resultados de la búsqueda

miércoles, 22 de diciembre de 2021

Festival de Nadal

Para conmemorar o Nada,, o luns 20 tivemos a oportunidade de desfrutar do noso festival, mentras que o martes 21, último día de clase, vimos a gala Anticovid.

Nas seguintes ligazóns pódense ver os dous vídeos.

Que vos parecen as actuacións dos nosos trapalleiros?? A que o fixeron realmente ben??

Festival de Nadal 

Gala anticovid

martes, 21 de diciembre de 2021

Bo Nadal

 Chegou o final do primeiro trimestre, e despedímolo coa nosa tradicional “festa de fin de ano”.

Aínda que este ano continuamos sen poder celebralo como se merece por culpa da Covid, pasámolo xenial, e collemos as vacacións con moitísimas gañas.

Desde a clase dos Trapalleiros do Irixo desexamosvos a todos/as a mellor das saúdes e o maior dos desfrutes para estas vacacións.

Vémonos á volta, no 2022. Agardámosvos cos. Razos abertos.



lunes, 20 de diciembre de 2021

Mochila viaxeira (6ª ronda)

 E para rematar as visitas da mochila viaxeira ás casas dos trapalleiros, hoxe foi o turno de Óliver, que desfrutará dela durante as vacacións do Nadal.



Revista primeiro trimestre

 Para a revista do primeiro trimestre deste curso o noso alumnado realizou unhas fotografías buscando algún efecto gracioso, curioso. bonito... Posteriormente elaboraron un texto explicando o que fixeran e algunhas curiosidades sobre o proceso levado a cabo.

Aquí vos deixamos algunhas das "tomas falsas". Para ver os traballos reais tocará esperar a ter a revista.




viernes, 17 de diciembre de 2021

Traballos de lectura de decembro

 Co remate da primeira avaliación chegaron os últimos traballos sobre os libros que os nosos nenos e nenas leron neste último mes.

Unha vez máis presentaron unhas manualidades espectaculares. Que vos parecen?












viernes, 3 de diciembre de 2021

Concurso de postais

 Esta semana tivo lugar o concurso de postais de Nadal deste curso.

O alumnado de todo o colexio tivo unha semana para elaborar as súas postais e todos fixeron un gran traballo pero… quen gañaría ao final??

Pronto o saberemos.

Mentres, para ir abrindo boca, aquí vos deixamos as propostas dos nenos e nenas de 5º e 6º.



Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...