Wikipedia

Resultados de la búsqueda

viernes, 26 de noviembre de 2021

Mochila viaxeira (5ª ronda)

 A mochila viaxeira sigue o seu periplo polas casas e, dado que en 5º hai menos nenos/as que en 6º, antes de cambiar as mochilas, os nenos/as de 5º tiveron a oportunidade de repetir visita da mochila, e nesta ocasión foi Johanyelis a que a levou de novo xunto con Sergio.








jueves, 25 de noviembre de 2021

25 N

 Hoxe, 25 de novembro, celebramos un día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, e para iso fixemos varias actividades.

Na nosa aula comezamos pensando un valor positivo e un negativo sobre as relacións entre persoas. Posteriormente escribimos un en cada man e fixemos fotos, coas que posteriormente, xunto coas de todo o colexio, se creou o “cartel” que vemos abaixo, na imaxe. Ademais fixemos unha foto de grupo, todos xuntos apoiando a causa do día de hoxe. E finalmente vimos dous cortos que serviron como punto de partida para un pequeno debate sobre o tema.






viernes, 19 de noviembre de 2021

Traballos de lectura de novembro

 Esta semana recibimos os traballos de lectura dos libros lidos entre os meses de outro e novembro.

E unha vez máis podemos desfrutar de auténticas obras de arte.

Os nosos trapalleiros fan uns traballos espectaculares!!











viernes, 12 de noviembre de 2021

Mochila viaxeira (4ª ronda)

 As nosas mochilas continúan recorrendo as casas dos nosos trapalleiros e nesta ocasión iniciaron a visita ás casas de María e de Johanyelis.

Desfrutade moito dela!!




jueves, 11 de noviembre de 2021

Magosto

 Coa chegada do outono chega tamén o momento de froitos como a castaña, e con iso… o Magosto.

Hoxe o clima acompañounos cun día totalmente soleado que nos permitiu celebrar esta festa tan nosa.

No comedor tivemos un xantar especial, con bolos preñados e bica con chocolate quente.

E pola tarde, tempo para xogar no patio mentres degustábamos as castañas que o Concello nos cedeu xa asadas.

Ademais, para rematar o día, fixemos entrega dos plátanos da campaña solidaria de axuda á illa de La Palma e fixemos reconto do diñeiro recaudado. Ari e Noelia foron as encargadas desta labor, e fixérono xenial!!




Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...