Wikipedia

Resultados de la búsqueda

viernes, 25 de febrero de 2022

Mochila viaxeira (9ª ronda)

A mochila viaxeira non entende de festas nin vacacións, así que continúa coas súas viaxes, permitindo que os nenos e nenas do colexio podan aproveitar estes días libres que teñen por diante para mergullarse a tope nas historias que contan os libros que contén.
Esta vez tocoulles a Gabriela e a Johanyelis desfrutar da mochila.



Entroido 2022

 Chegou o entroido deste ano 2022 e tras desfrutar das ordes do Meco foi momento de lucir as nosas mellores galas.

Todo o alumnado do colexio foi á clase disfrazada do que máis lle gustaba, e celebramos o entroido cunha pequena festa no patio a partir das 11 da mañá e cun xantar ao aire libre. Comimos empanada e orellas de carnaval, todo riquísimo. E para rematar continuamos coa festa un pouco máis de tempo.



jueves, 24 de febrero de 2022

Entroido, as ordes do Meco

 Como sabedes, esta fin de semana celébrase o entroido, e coma todos os anos, no colexio, anticipamos a celebración e comezamos a desfrutala durante toda a semana coas ordes do Meco.

Este ano comezamos o venres 18 portando algo na cabeza.

O luns adornamos o pescozo.

Seguimos o martes decorando os pés.

O mércores colgamos algo no cu.

E para finalizar, hoxe xoves, foi a nosa clase a encargada de elaborar a orde do Meco, que nos manda colocar algo na cara.

Que vos parece o noso cartel? Quedounos bonito?



E para rematar a semana, o venres poderemos acudir ao colexio co disfraz que máis nos guste e desfrutar dunha festa no patio.

miércoles, 23 de febrero de 2022

Día de Rosalía de Castro

No día de hoxe celebramos o día de Rosalía de Castro, e para iso fixemos un traballo en colaboración coa clase de 6º de Educación Infantil.



Elaboramos un pequeno resumo sobre ela e a súa obra, onde falabamos da importancia desta personaxe histórica. Os nenos e nenas de 5 anos fixéronnos unha serie de preguntas e nós respondímoslles, Aínda que dadas as restriccións polo Covid, tivemos que realizar a actividade a través de vídeo.

O resultado final pódese ver pinchando na seguinte ligazón: Vídeo de Rosalía 

Que vos parece?




martes, 22 de febrero de 2022

Traballos de lectura de febreiro

 A semana pasada os nosos nenos e nenas entregaron os traballos dos libros de lectura do último més.

Dá gusto ver como son capaces de reflexar a esencia dun libro nestas pequenas obras de arte.

















viernes, 11 de febrero de 2022

Mochila viaxeira (9ª ronda) e día da ciencia

 Continuamos coa mochila viaxeira, e durante as próximas dúas semanas estarán nas casas de Gabriela e de Alejandro.

Ademais, no día de hoxe, celebrouse o día da ciencia, e todo o alumnado tivo a oportunidade de vir ao colexio disfrazados de científicos. Foi un día cheo de batas brancas por todo o cole!!!



martes, 1 de febrero de 2022

Día da Paz 2022

 No día de hoxe celebramos o Día da Paz e para iso fixemos un montón de actividades:

  • Deseñamos logos da Paz
  • Buscamos fotos que para nós inspirasen paz
  • Fixemos un quebracabezas da paz. Dividimos unha imaxe en 20 recadros e cada un coloreou dous para posteriormente montar o puzzle.
  • Decoramos broches e colgantes da paz.
  • Fixemos dous bailes
  • Decoramos con termos apropiados para o dia e soltamos un farolillo chino
  • Formamos a palabra paz entre todo o cole. Nós formamos a P
Foi un gran día!!








Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...