Wikipedia

Resultados de la búsqueda

jueves, 22 de diciembre de 2022

Bo Nadal

 Hoxe retomamos a tradicional visita á residencia Pena da Sela. Que gañas tiñamos de poder volver.

Alí fixemos os bailes da obra de Shrek, cantamos a versión de Aleluia que todos ensaiamos con Ana, e rematamos a festa con panxoliñaa tradicionais.

Ademais Xesús leunos un dos seus poemas. Era precioso e estaba de cheo de consellos para nós.

Pero antes de marchar fixemos un pequeno intercambio de agasallos. Nós entregamos unha postal a todas as persoas da residencia (traballadores/as e internos/as). E desde a residencia convidáronnos a caramelos e entregáronnos unha pancarta preciosa de “Feliz Navidad”.

No entroido volveremos a visitalos!!


E antes de rematar o día… festa de fin de ano no comedor, con uvas, champín, música, bailes…


Foi un gran día.




miércoles, 21 de diciembre de 2022

Shrek. Festival de Nadal

 O Nadal está a piques de comezar e nós xa celebramos a súa inminente chegada. Hoxe fixemos o noso festival de Nacal.

Tras 2 anos sen poder celebrar o tradicional festival do cole, hoxe puidemos volver a xuntarnos todos, alumnado e familias, e desfrutar xuntos.

Este ano decidimos representar unha adaptación de Shrek, unha historia de amizade e lealtade, de amor e respecto… en definitiva, unha historia chea de valores positivos acordes ao que nos gusta transmitir aos nosos alumnos/as.

Agardamos que a representación fose do agrado de todas as familias. Todo o alumnado do colexio fixo un gran traballo, e velos sorrir e desfrutar do traballo, é a nosa mellor recompensa.

Noraboa a todos os actores e actrices, balaríns e bailarinas… fixeron un graaaan traballo.






martes, 20 de diciembre de 2022

Visita de Pablo Nogueira

 Estamos tendo un fin de trimestre cargado de acontecementos, e hoxe recibimos a Pablo Nogueira, autor de varios contos que foron lidos nas diferentes aulas.

Os nenos e nenas de 5º e 6º limos “O coleccionista de selos” coa profe Ana. E  outras clases leron contos de “Nube Branca”.

Gustounos moito recibir a súa visita, e como agradecemento preparámoslle un pequeno agasallo.




Cumprenos de Andreas

 A punto de rematar o trimestre, hoxe tivemos día de celebración. Andreas cumpre anos e invitounos a uns ricos caramelos para celebralo.

Moitas felicidades, Andreas!!



lunes, 19 de diciembre de 2022

Traballos de lectura (decembro)

 Hoxe chegaron os traballos dos libros de lectura do mes de decembro.

Continuamos desenvolvendo traballo de lectoescritura, fomentando a imaxinación e a orixinalidaxe. E como se pode ver, seguimos recibindo grandísimos traballos.










viernes, 2 de diciembre de 2022

Mochila viaxeira

 Para rematar a primeira ronda de viaxes ás casas dos nosos trapalleiros, as mochilas viaxeiras visitan a Lucía e a Marta.

Na segunda ronda, e dado que temos 2 mochilas diferentes, cada alumno desfrutará da mochila que aínda non levou á casa.



Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...