Wikipedia

Resultados de la búsqueda

miércoles, 21 de junio de 2023

Último día no colexio

 O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades:

  1. Entre de libros: desde a biblioteca obsequiouse ao alumnado colaborador dos recreos na biblioteca cun libro que eles mesmos escolleron, e hoxe tivo lugar a entrega dos libros e duns diplomas acreditativos.
  2. Merendola para todo o alumnado: preparamos un aperitivo para todo o colexio, con snacks variados, sandwiches de nocilla, zumos e refrescos.
  3. Cadea humana para a entrega do penso recollido: recibimos a unha integrante da protectora de animais e entregámoslle o penso coa xa tradicional cadea humana ata o seu coche.
  4. Festa da auga: o alumnado que así o desexou, levou ao colexio pistolas de auga para realizar unha pequena batalla pasada por auga. Fixemos tres grupos (infantil; 1º e 2º; e 3º, 4º, 5º e 6º). Todos se mollaron, pero os maiores acabaron pingando, pero pasárono en grande.
  5. Despedida final do alumnado de 6º: para rematar, á saída do comedor, fixemos un túnel para despedir a Ari, Noelia e Alejandro e desexarlles un gran verán e toda a sorte do mundo para o próximo curso.














No hay comentarios:

Publicar un comentario

Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...