Wikipedia

Resultados de la búsqueda

viernes, 29 de enero de 2021

Día da Paz

 


Hoxe tiñamos previsto celebrar o Día da Paz, pero a climatoloxía tirou por terra os nosos plans e tivemos que pospoñer as actividades que preparáramos.

Aínda así, o noso alumnado fixo outras actividades relacionadas con este día, como decorar estas pombas usando os dedos como pincel, e a verdade é que lles quedaron realmente bonitas.

E, cando a chuvia nolo permita, recuperaremos a celebración pendiente.


Por outro lado, continuamos coas viaxes das nosas mochilas viaxeiras, que esta semana visitarán dúas novas casas.




martes, 26 de enero de 2021

Semana da Paz

Como parte das actividades destinadas ao traballo do día da Paz que celebraremos este venres 29 de xaneiro, decidimos que cada aula preparase un saúdo. Debían escoller algún xesto que servise para saúdar ao resto do alumnado do cole e cada día da semana sería o turno dunha clase.

Tratábase dun acto simbólico de respecto que quixemos levar a cabo con orixinalidade, e para iso escollimos o noso particular saúdo realizando unha votación entre as diferentes propostas dos nosos Trapalleiros. E a verdade é que nos quedou moi chulo.

Hoxe foi o noso día. Tocounos a nós encargarnos de amosar o noso respecto a todos os compañeiros e compañeiras do cole, e así o fixemos. Ás 9:30, á hora de entrada, situámonos nunha zona de paso do patio, respectando a distancia de seguridade, e todo o mundo foi pasando por diante de nós para recibir a nosa benvida.

Mañá tocaralle a 1º e 2º. A ver que nos teñen preparado!!








lunes, 25 de enero de 2021

Monte vivo

 Entre os proxectos do centro, atópase un no que se pretende traballar o monte de maneira global.

Nesta actividade colaborará a totalidade do centro. Deste xeito, entre todos/as, poderemos abarcar multitude de elementos que rodean as nosos montes: a fauna, a flora, a influencia do ser humano...


Na clase de 3º e 4º encargarémonos de desenvolver os contidos referidos á flora. E para iso, os nosos nenos e nenas comezaron realizando un traballo de investigación sobre algunhas árbores autóctonas de Galicia.

A árbore favorita da clase foi o carballo, aínda que tamén se elixiron outras coma o castiñeiro, o loureiro ou o amieiro.

E como podemos ver na imaxe, algúns traballos foron realmente fantásticos. E ata nos trouxeron un carballo de verdade!!! Pero é que con artistas coma os nosos Trapalleiros o resultado soamente podía ser así.

Noraboa a todos/as polo voso traballo!!!









viernes, 22 de enero de 2021

Mochila viaxeira

 Hoxe, venres 22 de xaneiro, damos comezo aos ciclos das mochila viaxeiras.

Trátase dunha iniciativa que persegue animar ao noso alumnado a descubrir o placer da lectura.

Os libros contan historias que lles axudarán tanto a coñecer o mundo que os rodea, como a afondar en si mesmos e nos seus sentimentos.

Nestas mochilas poderán escoller entre diferentes libros: de lingua galega, de lengua castellana, de lingua inglesa, cómics, libros de poesía... e ata un DVD ou un libro dirixido ás familias, para que elas podan participar e desfrutar tamén da actividade.

Pola súa parte, ao levar a mochila viaxeira, os nosos nenos e nenas comprométense a ler polo menos un dos libros que inclúe, a deixar as súas impresións reflectidas no diario da mochila e, por suposto, a coidala e devolvela nas mesmas condicións nas que a levaron.

E, finalemente, presentámosvos aos trapalleiros que deron comezo ás viaxes desta mochila, que foron: en 3º Antía e en 4º Sebas.

Desfrutade dela ao máximo!!! 



Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...