Wikipedia

Resultados de la búsqueda

lunes, 30 de enero de 2023

Día da PAZ

 Hoxe pola tarde celebramos o DÍA DA PAZ.

Os nenos e nenas de infantil dixéronnos como se pronunciaba a palabra “paz” en diferentes idiomas; os/as de 1º e 2º recitaron un poema da paz; os/as de 3º/4º contáronnos un conto moi bonito; e nós falamos de diferentes paises ou rexións do mundo.

Tamén cantamos unha canción, bailamos, decoramos paraugas cos que fixemos unha foto facendo a forma do símbolo da paz…

E o máis importante, aprendimos a importancia da convivencia, o respecto, a amistade…












viernes, 27 de enero de 2023

Preparación do Día da Paz

 Durante esta semana comezamos a preparar o Día da Paz que celebraremos o luns, día 30.

Ademais do traballo realizado con Ana sobre diferentes países do mundo, decoramos paraugas coa palabra Paz, co seu símbolo e con outros debuxos.







jueves, 26 de enero de 2023

Contacontos

 Hoxe recibimos a visita de Pandoso (metade panda e metade oso) que nos veu contar a historia de Mariña, unha nena celíaca, e pasámolo xenial.

Aprendimos que a pesar das limitacións que impòn a celiaquía, hai moitísimas alternativas para comer ben e rico. E ademais agora hai moitísimos produtos que se fan especificamente sen gluten.

E ademais bailamos un montón.







viernes, 20 de enero de 2023

Mochila viaxeira

 A mochila viaxeira volve a visitar as casas dos nosos trapalleiros e a primeira quenda é para Antía e Ari.

Seguro que a desfrutan enormemente.




martes, 17 de enero de 2023

Traballos de lectura

Despois dunha semana de clase tras as vacacións, chega unha nova entrega dos traballos sobre os libros de lectura.
Seguimos recibindo algún vídeo a modo de traballo, pero continúan predominando as manualidades e os traballos escritos.











lunes, 16 de enero de 2023

Sogama

 No día de hoxe recibimos unha charla sobre reciclaxe gracias a unha colaboración con Sogama.

É fundamental coñecer como funciona a reciclaxe e como podemos colaborar desde as nosas casas e desta maneira aportar o noso gran de area a unha mellor conservación do noso planeta nunha situación tan complicada como habitual.





jueves, 12 de enero de 2023

Taller de alimentación saudable

 Comezamos o 2º trimestre con máis actividades divertidas. Neste caso asistimos a un taller de alimentación saudable no que aprendimos a importancia de alimentarse correctamente, coñecimos algúns novos alimentos, recollimos ideas de receitas e elaboramos unha pequena merenda con froita e iogur.

Foi moi interesante e gustounos moito.




Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...