Wikipedia

Resultados de la búsqueda

martes, 28 de febrero de 2023

Educación viaria coa DXT

 Hoxe recibimos a visita de dúas persoas da DXT e dous gardas civís de tráfico. Con eles aprendimos algunhas normas de educación viaria que nos afectan na nosa vida cotiá como peóns, ciclistas ou usuarios de patinetes. E rematamos a xornada cun pequeno circuito de habilidades con bicicletas e patinetes e montándonos nas motos da Garda Civil. Ademais deixáronnos aceleralas e tocar as sereas. E tamén recibimos un pequeno obsequio. Foi xenial!!









Foi xenial!!


viernes, 24 de febrero de 2023

Traballos de lectura

 Chegaron os traballos dos libros de lectura deste mes. Nesta ocasión non tivemos ningún vídeo, pero si algún traballo autenticamente chamativo e fantástico.













jueves, 23 de febrero de 2023

23 de febreiro, día de Rosalía

 Hoxe celebramos o día de Rosalía de Castro.

Comezamos vendo uns vídeos sobre ela, seguimos facendo un recitado dalgúns dos seus poemas e rematamos decorando marcapáxinas e retratos dela.





viernes, 17 de febrero de 2023

Entroido na residencia da 3ª idade e mochila viaxeira

 E agora xa si que si puxemos fin ás nosas celebracións de entroido.

Hoxe camiñamos ata a residencia da 3ª idade para facer unha visita aos internos e internas e bailar con eles e elas.

E coma sempre, portáronse xenial con nós, regaláronnos lambetadas e Xesús tíñanos preparado un novo poema.


Ademais no día de hoxe fixemos relevo da mochila viaxeira sendo a quenda, nas dúas próximas semanas, de Alejandro e Andreas.









jueves, 16 de febrero de 2023

Entroido no Irixo e visita de Lucía

 Hoxe celebramos o entroido cos disfraces que fixemos no cole.

Comezamos o día vestíndonos e maquillándonos para baixar camiñando ata a praza do Concello. Alí esperaban as familias e unha festa con música, xogos, caramelos e biscoitos. Pasámolo xenial!!

Á volta ó cole fixemos unha pausa para xantar e pola tarde rematamos o día decorando comadres e compadres e correndo uns tras outros para roubalos.

Ademais hoxe recibimos a visita de Lucía, que mañá voltará ao cole tras o susto que nos levamos o luns, e que hoxe estivo con nósna festa do Concello. E encantounos tela con nós de novo.

Pero isto non remata aquí, xa que mañá desfilamos ata a residencia da 3ª idade, nesta ocasión disfrazados libremente.



















miércoles, 15 de febrero de 2023

Entroido 2023 conxunto

 Remataron as ordes do Meco por todo o alto, cos nenos e nenas do colexio disfrazados como auténticos velliños e velliñas.

Pero o entroido continúa e mañá será o día do noso desfile cos disfraces elaborados no colexio coa colaboración tanto de alumnado como de profesorado.

Dado que o centro de interese do colexio este ano son as emocións, escollimos disfrazarnos das personaxes do conto de Monstruo de cores, no que cada cor representa unha emoción.

Os nenos e nenas de infantil serán a rabia (vermello); os de 1º serán a calma (verde); os de 2º e 3º serán a alegría (amarelo); os de 4º serán o amor (rosa); e nós, os de 5º e 6º seremos a tristeza (azul).

Cal das cores será a máis bonita?

Mañá baixaremos camiñando ata a praza do concello, onde nos reuniremos ás 11:30 coas familias e veciños para celebrar o entroido todos xuntos.

E pola tarde correremos as comadres e os comprades.





martes, 14 de febrero de 2023

Meco mércores 15

 Tras o día do xénero intercambiado, chega a 4ª e última orde do Meco, que nesta ocasión é a de vestirnos de vellos e vellas.

Ata o momento vimos disfraces realmente bonitos e orixinais. Que nos deparará o día mañá??



lunes, 13 de febrero de 2023

Meco, orde para o martes

 Seguimos coa semana de entroido e hoxe, no día das nacionalidades, tivemos mexicanos, hawaianos, chinos… 

Pero isto non para e xa temos nova orde. Mañá, martes, temos que vestirnos de xéneros intercambiados.

Quen construirá o “look”máis divertido??



viernes, 10 de febrero de 2023

Disfraz de científicos e Meco do luns 13

 Comezou o entroido no colexio do Irixo cos disfraces de científicos aproveitando para conmemorar o día da muller científica.

Ademais, temos xa nova orde, e o luns tocará ir ao cole disfrazados representando algunha nacionalidade diferente á nosa.

Quen será o alumno/a máis orixinal??







jueves, 9 de febrero de 2023

Meco venres 10

Chega o entroido e con el Meco e as súas ordes.
Este ano cambiamos un pouco a dinámica e realizaremos disfraces completos, pero coa intención de usad material e complementos que teñamos na casa no canto de mercalos.

Mañá comezamos e aquí deixamos a primeira indicación.

Quen será o máis orixinal??




viernes, 3 de febrero de 2023

Mochila viaxeira

 Nova saída da mochila viaxeira, e nesta ocasión son Noelia e Yanira as que van ter a oportunidade de desfrutala.




Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...