Wikipedia

Resultados de la búsqueda

miércoles, 22 de junio de 2022

Excursión de fin de curso

 E agora, si que si, o curso 21/22 chegou ao seu fin. E rematou por todo o alto, cuna excursión de tres días na que os nosos nenos e nenas o pasaron en grande. Fixeron kayak, padel surf, snorkel, tirolina, rocódromo, xogos na praia, construcción dun vivac no monte… Ademais fixeron novos amigos, de coles de Baiona e da Estrada.

Desexamos que todos/as desfruten dun merecido descanso e que pasen un gran verán. E por suposto, desexamos tooooda a sorte do mundo aos que marchan ao instituto.






sábado, 18 de junio de 2022

Excursión

 Este final de curso está vindo cargado de bos ratos e tras a “guerra de pistolas de auga” e o festival de cine, pechamos a penúltima semana de clase desfrutando dunha divertida excursión na que os maiores fixemos tiro con arco e kayak, e rematamos comendo todos xuntos ao aire libre.

Pasámolo moi ben e xa estamos desexando que chegue o luns para iniciar a nosa aventura de 3 días no Grove.









jueves, 16 de junio de 2022

Festival de cine e graduación

  Hoxe, no cine de Leiro, estreamos a nosa curtametraxe de Matilda xunto cos traballos do resto das clases. 

Se queredes vela de novo podedes premer aquí ou na imaxe para acceder a ela.

Agardamos que desfrutedes moito dela.




Ademais queremos destacar que aproveitamos o día festivo para celebrar a graduación do alumnado que remata etapa educativa e así facer unha bonita despedida aos que marchan ao instituto.



E queremos tamén felicitar a toda a clase, pois o xurado outorgou o premio á mellor curtametraxe a Matilda. NORABOA a todos e a todas polo seu gran traballo.






miércoles, 15 de junio de 2022

Recollida de penso

 Hoxe tivemos a visita de Bea, da protectora de animais “Arume”, que veu ata o colexio para recoller o penso doado polo noso alumnado e as súas familias e para gradecer a súa colaboración, ademais de resaltar a importancia do coidado e o respecto polos animais.

Este ano conseguíronse uns 300kg de comida, que foron transportados ata o coche de Bea cunha cadea humana formada por todo o alumnado do cole. 

Moitas gracias pola vosa colaboración e a vosa solidariedade!!





 


Diarios para o verán

 Coa chegada das vacacións o alumnado do colexio recibirá novamente unha libreta para que utilicen a modo de diario durante o verán e así, tras o merecido descanso, nos poidan contar a todos as súas aventuras máis divertivas.




jueves, 9 de junio de 2022

Agasallo da biblioteca e Stop Accidentes

 Hoxe tivemos un día especial no colexio. Co achegamento do final do curso os colaboradores da biblioteca recibiron un libro, previamente escollido por eles, como agasallo como agradecemento polo seu traballo. 

Por outra parte, e para rematar o día, recibimos a visita da agrupación Stop Accidentes, da DGT, sobre seguridade viaria.









viernes, 3 de junio de 2022

Dicímoscho nós. 5ª entrega (un pouco de vocabulario)


 Rematamos a nosa experiencia con este "Dicímoscho no´s" con un pouco de vocabulario.

Johanyelis e Oliver explícannos o significado dalgunhas palabras que podemos confundir por influencia do castelán.



Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...