O curso 20/21 xa rematou e agora é o momento de descansar.
Teríanos gustado celebralo como estaba planeado, pero o tempo dos últimos días impediuno, pero o curso que ven teremos unha nova oportunidade para celebralo como se merece.
Hoxe, co cambio de plans, vimos unha película, merendamos, xogamos no patio e para rematar… fixemos a entrega de premios do festival de cine, no que os nosos trapalleiros gañaron o premio á mellor curtametraxe, e é que o fixeron realmente ben.
Ademais, cada neno e nena levou un “diario” para poder contar as súas aventuras do verán e así podelas compartir á volta das vacacións.
E xa para rematar, desde a cidade dos trapalleiros queremos desexarvos un mooooi feliz verán a todos/as e vémonos de novo en setembro!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario