Wikipedia

Resultados de la búsqueda

sábado, 27 de marzo de 2021

Traballos de lectura

 Os nosos trapalleiro son grandes lectores e para demostralo están elaborando uns traballos estupendos sobre os libros que len.

Que vos parecen?





viernes, 26 de marzo de 2021

Poema


Na revista deste 3º trimestre, os nenos e nenas de 4º de Primaria elaboraron uns magníficos poemas.

E o alumnado de 3º non quixo ser menos.

Aquí deixamos un deses poemas de 3º como mostra.


martes, 9 de marzo de 2021

Día da muller

 Con motivo da celebración do día da muller os nosos nenos e nenas participaron nunha proposta da mancomunidade.

Este ano, a causa da Covid-19, non foi posible organizar actividades grupais, así que o traballo consistiu na visualización dun vídeo e a elaboración dun lema ou un debuxo relacionado co 8 de marzo.

O resultado foi marabilloso, con diseños realmente bonitos.

Noraboa a todos/as.



jueves, 4 de marzo de 2021

A mochila viaxeira remata a súa primeira etapa

 Esta semana rematamos a primeira ronda da mochila viaxeira. 

A partir de mañá iniciaremos unha segunda tanda de visitas aos fogares e todo o alumnado levará novamente a mochila, mais nesta ocasión os libros serán diferentes. Concretamente os trapalleiros de 3º levarán os que anteriormente levaron os de 4º e viceversa. Desta maneira todos e todas terán a ocasión de ler os memos libros que o resto da clase.


Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...