Wikipedia

Resultados de la búsqueda

lunes, 13 de septiembre de 2021

Biblioteca de aula

 Unha das novidades deste curso é o da biblioteca de aula. Todos os nenos/as da clase van aportar 2 dos seus libros favoritos e o colexio contribuirá tamén con algúns libros máis.

O obxectivo é compartir as historias que nos fixeron pasar bos ratos a cada un de nós, e a final de curso cada neno/a recuperará os seus libros. Desta maneira podemos acceder a moitos libros sen necesidade de que todos os merquemos.

Cada alumno/a lerá un deses libros cada mes, e ao rematalo realizará un pequeno traballo sobre o mesmo.







jueves, 9 de septiembre de 2021

Recomezamos

Comezamos un novo curso, e este ano os nosos trapalleiros serán os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria.

Dámoslles a benvida a todos/as e desexamos que sexa un curso moi divertido e no que apredamos moitas cousas.

A por elo!!!


Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...