Wikipedia

Resultados de la búsqueda

martes, 29 de noviembre de 2022

Excursión a Ourense

 No día de hoxe fixemos unha pequena excursión a Ourense, onde visitamos o Auditorio para ver unha actuación en directo.

Ademais ao rematar desprazámonos ao Xardín do Posío para comer e xogar un anaco antes de voltar ao colexio.











viernes, 25 de noviembre de 2022

25N

 Hoxe rematamos o día falando sobre o 25 de novembro e a importancia de celebrar este tipo de conmemoracións.

Ademais fixemos un pequeno traballo sobre os valores positivos e/ou negativos relacionados coa data.



sábado, 19 de noviembre de 2022

 Continuamos coas mochilas viaxeiras e nesta nova viaxe tocoulles levala a Lara e a Sebas.

Agardamos que lles gusten os contidos das mochilas e as desfruten moito.




miércoles, 16 de noviembre de 2022

Xornada de RCP

 Tras recibir a visita dunha ambulancia a semana pasada, hoxe aprendimos a facer unha RCP (reanimación cardiopulmonar).

Ana, a mamá de Lois e Tiago, pasou a mañá con nós para que todos os nenos do cole aprenderan os pasos máis básicos dunha reanimación cardiopulmonar. 

Comezamos vendo un vídeo cunha canción que nos explica todo o proceso de maneira moi clara.

Despois practicamos cuns peluches que levamos ao cole para esta actividade e rematamos facendo a masaxe cardíaca sobre un torso de prácticas.

Ademais tamén vimos como se usa un DESA (desfibrilador semiautomático) e aprendimos como colocar a alguén en posición lateral de seguridade.

Foi moi interesante e aprendimos un montón!!

Finalmente despedimos a Ana e Elena entregándolles un pequeno obsequio como agradecemento pola súa visita.

Canción da RCP














martes, 15 de noviembre de 2022

Aniversario de Antía

 Como nos gusta celebrar cumpreanos!!

Hoxe foi o de Antía, que nos trouxo algunhas cousas para comer, desas que nos gustan a nós!! E para os profes preparou un biscoito con moi boa pinta.

Moitas gracias, Antía, e moitos parabéns!!



lunes, 14 de noviembre de 2022

Traballos de lectura

 Xa temos con nós a segunda ronda de traballos dos libros do último mes.

Nesta ocasión chegáronnos 2 vídeos e 8 traballos con manualidades.







viernes, 11 de noviembre de 2022

Magosto 2022

 Que ben o pasamos celebrando o magosto!!

Fixemos xogos todos xuntos, comimos castañas, fixemos o xantar no patio… E durante a semana fixemos cestas de bimbio para as castañas coa profe Ana. Encantounos.


Vídeo do magosto 2022

jueves, 10 de noviembre de 2022

Visita dunha ambulancia

 Hoxe, gracias á colaboración da nai de dous nenos do cole, tivemos a oportunidade de recibir a visita dunha ambulancia, coñecela por dentro e recibir as instruccións do persoal médico que nos visitou.

Foi xenial!!



viernes, 4 de noviembre de 2022

Mochilas viaxeiras

 Continuamos coas mochilas e nesta ocasión foi o turno de Alejandro e Andreas.





Cumple Sebas

 Seguimos desfrutando de aniversarios e esta vez tocou celebrar o de Sebas.

Agardamos que pasara un gran día e que desfrute moito do ano que comeza para el.

Moitos parebéns, Sebas!!



Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...