Wikipedia

Resultados de la búsqueda

jueves, 29 de septiembre de 2022

Cumpreanos Yanira e Lucía

 Nesta semana tivemos dous cumpreanos, de Yanira e de Lucía, que cumpriron 10 anos!! Moitas felicidades!!

E para celebralo, hoxe Lucía invitounos a unha merenda, con gusanitos e cunhas riquísimas galletas feitas por ela, coas que tamén convidou aos mestres. Menuda reposteira temos na clase!! 

Moitas gracias, Lucía!

E o fin de semana todos os nenos e nenas celebrarán por todo o alto o cumpre de Yanira!! Seguro que o pasan xenial!!






sábado, 10 de septiembre de 2022

Contacontos sobre ciberseguridade

Onte recibimos a visita de “Polo correo do vento” (Carlos, Antón e Quique), que viñeron para falarnos de ciberseguridade. 

Pasámolo moi ben cos seus contos, debuxos e cancións. Aprendimos a importancia  de “pensar, pensar e repensar”; a sospeitar do que “cheira mal”; a non dar datos comprometedores por internet; a buscar contrasinais complexas; a contrastar a información… e a tapar a cámara do ordenador para que ninguén nos poida ver sen que nos decatemos.

E ao rematar, todos xuntos debuxamos a Clic, un rato, “medio roedor, medio informático”.

E ao rematar regaláronnos a ilustración de Carlos.






viernes, 9 de septiembre de 2022

Volta ao cole curso 22/23

 Voltamos ao cole, e tras dous días de toma de contacto e de pasalo moi ben, chegamos á nosa primeira fin de semana.

O primeiro día, o xoves 8, foi xenial vernos todos novamente, atoparnos outra vez na aula cos nosos compañeiros dun curso menos, e tamén coñecer a un novo alumno. Ademais aprendimos a xogar aos barquiños e desfrutamos moito no patio.

O segundo día, hoxe venres 9, levamos baraxas españolas e aprendimos a xogar á escoba. Tamén tivemos unha actividade cuns contacontos sobre ciberseguridade, e fixemos un xogo en inglés.

Ademais, para este curso temos moitas novidades: xa non temos máscaras, sentámonos en grupos na aula, podemos xogar no patio co resto de nenos e nenas do cole, no comedor compartimos mesa con nenos/as doutros cursos e somos os encargados de servir a comida… É fantástico!!




Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...