Wikipedia

Resultados de la búsqueda

viernes, 29 de octubre de 2021

Mochila viaxeira (3ª ronda)

 As mochilas viaxeiras continúan coas súas visitas ás casas do noso alumnado e esta vez é o turno de Gabriela e de Alejandro.

Desfrutade moito delas!!




SAMAÍN

 Hoxe celebramos o samaín e os profes preparáronnos un montón de actividades… fixemos truco ou trato, photocall, recibimos os premios do concurso de decoracións e… pasamos por un túnel terrorífico.

pasamos un pouco de medo, pero pasámolo xenial.

No seguinte enlace podedes ver un vídeo do túnel:

https://youtu.be/-xBVIwvM7JU

ç






martes, 26 de octubre de 2021

Decoracións de Samaín

 Esta semana comezou coas decoracións para o concurso de Samaín.

Todos/as aqueles/as que así o desexaron, trouxeron al cole unha decoración relacionada co Samaín elaborada con produtos do outono non perecedeiros e con materiais de refugallo.

Que vos parecen?? A que quedaron espectaculares??










viernes, 22 de octubre de 2021

Achégase o Samaín

 A próxima semana entremos de cheo na celebración do Samaín e parece que polo colexio xa se empeza a respirar ambiente de meigas, pantasmas…




Comezaremos a semana recibindo as decoracións terroríficas de todo o alumnado, que esta vez, e como novidade, non poderán incluír produtos perecedeiros, así que… imaxinación ao poder!!
E rematarémola coa celebración habitual desta conmemoración: disfraces, truto ou trato, sesión de fotos… e algunha pequena sorpresa!!




martes, 19 de octubre de 2021

Traballos de lectura

 Chegou a entrega da primeira tanda de traballos sobre os libros de lectura, e como se pode observar nas imaxes… menudos/as artistas temos na Cidade do Trapalleiros de Irixo. Que traballos tan bonitos!!














viernes, 15 de octubre de 2021

2ª quenda da mochila viaxeira

 As mochilas regresaron da súa primeira visita e xa van camiño da segunda. Nesta ocasión é o turno de Noelia e Gabriel.

Seguro que as desfrutan moito!!




viernes, 1 de octubre de 2021

A mochila viaxeira comeza a súa andaina

 As mochilas viaxeiras deste curso comezan o seu recorrido polas casas dos nosos rapaces e rapazas con moitas ganas de axudarlles a pasar grandes momentos acompañados polas historias que contén no seu interior.

A novidade desta edición é que o tempo de permanencia en cada casa pasa a ser de 2 semanas.

Hoxe tocoulles levar as mochilas a Breixo e a Ari. Desfrutade moito!!





Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...