Wikipedia

Resultados de la búsqueda

martes, 21 de marzo de 2023

Insua dos poetas

 Hoxe, no día da árbore e da poesía, visitamos a Insua dos Poetas para participar no tradicional acto que se celebra alí tal día coma hoxe.

Ademais de presenciar as actuacións dos demais colexios e institutos, recitamos algúns poemas de Xosé Luna. Presenciamos a inauguración dos murais dos 4 poetas aos que se adicaba a xornada de hoxe, e axudamos a plantar unha árbore.








viernes, 17 de marzo de 2023

Mochila viaxeira

 A mochila viaxeira viaxou hoxe ata as casas de Lucía e de Marta.

Será a última visita da mochila viaxeira antes das vacacións de Semana Santa.

Agardamos que a desfruten tanto como o resto de compañeiros/as.



miércoles, 15 de marzo de 2023

Teatro e biblioteca

 No día de hoxe realizamos unha nova visita ao auditorio de Ourense. Nesta ocasión para ver unha obra de teatro, “Nautilus”, sobre o libro “20.000 leguas de viaxe submariña” de Julio Verme.

A continuación visitamos a biblioteca municipal de Ourense onde nos mostraron as instalacións dedicadas a nenos e nenas da nosa idade e nos explicaron como funcionaba a biblioteca.

Para rematar o día, aproveitamos o bo clima que había para comer ao ire libre e desfrutar dun rato de xogo libre.






miércoles, 8 de marzo de 2023

8M. Día da muller

 Hoxe celebramos o día da muller coa visita de Alba, unha contacontos que nos narrou a historia de Eulalia, unha nena da nosa idade.

E ao final fixemos un pequeno xogo de debate.

Ademais nos últimos días estivemos preparando un traballo: “A muller da miña vida”.  Con esta actividade pensamos nunha muller (ou nena) que nos transmitise algunha emoción positiva e que fose importante para nós, debuxámola e explicamos os nosos motivos para escollela.










viernes, 3 de marzo de 2023

Mochila viaxeira

 Nova semana de mochila viaxeira e nesta ocasión son Lara e Sebas quen as vai desfrutar durante 2 semanas.

Leváronas con gran alegría e seguro que as desfrutan moitísimo.



Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...