Wikipedia

Resultados de la búsqueda

martes, 25 de mayo de 2021

Revista do 3º trimestre

 Para a revista do último trimestre a clase de 3º e 4º preparou dous traballos conxuntos relacionados co Camiño de Santiago, centro de interese do centro para este curso 20/21.

O primeiro deles foi un conto que foron escribindo por fragmentos. Cada neno e nena escribía unha parte da historia que continuaba o que escribiran os/as compañeiros/as anteriores, e debía deixar a historia aberta para que o/a seguinte a continuase. Ao final retocámola para corrixir e matizar algunhas cousas e o resultado final foi o que veredes na revista a final de curso.

O segundo dos traballos foi unha redacción explicando o Camiño de Santiago, destacando as súas orixes e as diferentes rutas que existen a día de hoxe. Neste caso cada neno e nena realizou unha búsqueda e aportou a información atopada, para finalmente e tendo en conta todas as aportacións, construír o texto final.

Ademais, todos/as realizaron unha proposta de ilustración para acompañar os traballos. De maneira “anónima” fixemos unha votación e seleccionamos as que finalmente aparecerán na revista, posto que non as podiamos incluír todas. Iso si, todos/as fixeron un gran traballo.


Nerviosos por ver o resultado final?? Nunhas semaniñas terédelo nas vosas mans!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...