Como conmemoración do día de Rosalía De Castro os nosos trapalleiros recitaron un dos poemas máis famosos da autora: "Adiós ríos, adiós fontes". Aínda que o adaptamos un pouco, eliminando algunha estrofa para deixalo en 11, as mesmas que os Trapalleiros que temos na aula.
Na clase falamos un pouco dela, para que entenderan a importancia que tivo na literatura galega e por que é tan recoñecida tanto a nivel autonómico como nacional.
Ademais, pintaron un debuxo co seu retrato e escribiron debaixo a súa estrofa.
O resultado é o reflectido neste vídeo:
Por outro lado, durante o día de hoxe, participaremos na elaboración dun mural escolar dedicado a Rosalía.