Antes do Entroido, propuxemos aos nosos trapalleiros un traballo sobre a flor. Debían utilizar materiais alternativos, é dicir, ir máis alá do papel e as pinturas.
Nesta clase contamos cuns nenos e nenas totalmente participativos neste tipo de actividades. Gústalles moito facer o que eles/as denominan “deberes divertidos”. E a verdade é que cada vez que fan algo, quefdamos coa boca aberta.
Pois ben, como habitualmente, hoxe soprendéronnos con algunhas das súas creacións. E é que todas elas foron fantásticas, pero nesta ocasión queremos destacar dúas delas.
E por suposto, queremos animalos/as a seguir traballando do mesmo xeito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario