No día de onte, mércores 11 de novembro, celebramos o Magosto no noso cole.
Debido á situación sanitaria na que seguimos, a festa tivo que ser adaptada, mais iso non impediu que os nosos nenos e nenas pasaran unha tarde moi divertida:
Bailaron, correron, xogaron e sobre todo, comeron unhas ricas castañas asadas donadas polo Concello do Irixo.
Ademais, durante a última semana, utilizaron castañas e outros produtos do outono para elaborar uns adornos que lles quedaron preciosos e que quedaron expostos na entrada do patio do cole xunto aos das outras clases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario