Wikipedia

Resultados de la búsqueda

miércoles, 3 de febrero de 2021

Celebración do Día da Paz

 Como xa vos comentamos, o venres pasado a chuvia impediunos celebrar o Día da Paz e deixounos á espera dun día un pouco máis soleado para poder recuperar as actividades que programáramos para ese día.

Por fin, hoxe o tempo deunos unha pequena tregua e non desproveitamos a ocasión.

Todas as clases saímos ao patio despois de comer. Alí fixemos diferentes alegatos pola paz, bailamos e xogamos.

Ademais, a nosa clase soltou un farolillo chino coa seguinte mensaxe, elaborada polos nosos trapalleiros:

    "A guerra non vale para nada. O amor vale máis ca o ouro".

A pena foi que facía algo de aire e decidiuse esperar a outro día para que o resto de clases puidesen lanzar os seus farolillos.

Pasámolo en grande!!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...