Os nosos trapalleiro son grandes lectores e para demostralo están elaborando uns traballos estupendos sobre os libros que len.
Que vos parecen?
Os nosos trapalleiro son grandes lectores e para demostralo están elaborando uns traballos estupendos sobre os libros que len.
Que vos parecen?
E o alumnado de 3º non quixo ser menos.
Aquí deixamos un deses poemas de 3º como mostra.
Con motivo da celebración do día da muller os nosos nenos e nenas participaron nunha proposta da mancomunidade.
Este ano, a causa da Covid-19, non foi posible organizar actividades grupais, así que o traballo consistiu na visualización dun vídeo e a elaboración dun lema ou un debuxo relacionado co 8 de marzo.
O resultado foi marabilloso, con diseños realmente bonitos.
Noraboa a todos/as.
Esta semana rematamos a primeira ronda da mochila viaxeira.
A partir de mañá iniciaremos unha segunda tanda de visitas aos fogares e todo o alumnado levará novamente a mochila, mais nesta ocasión os libros serán diferentes. Concretamente os trapalleiros de 3º levarán os que anteriormente levaron os de 4º e viceversa. Desta maneira todos e todas terán a ocasión de ler os memos libros que o resto da clase.
Como conmemoración do día de Rosalía De Castro os nosos trapalleiros recitaron un dos poemas máis famosos da autora: "Adiós ríos, adiós fontes". Aínda que o adaptamos un pouco, eliminando algunha estrofa para deixalo en 11, as mesmas que os Trapalleiros que temos na aula.
Na clase falamos un pouco dela, para que entenderan a importancia que tivo na literatura galega e por que é tan recoñecida tanto a nivel autonómico como nacional.
Ademais, pintaron un debuxo co seu retrato e escribiron debaixo a súa estrofa.
O resultado é o reflectido neste vídeo:
Por outro lado, durante o día de hoxe, participaremos na elaboración dun mural escolar dedicado a Rosalía.
Antes do Entroido, propuxemos aos nosos trapalleiros un traballo sobre a flor. Debían utilizar materiais alternativos, é dicir, ir máis alá do papel e as pinturas.
Nesta clase contamos cuns nenos e nenas totalmente participativos neste tipo de actividades. Gústalles moito facer o que eles/as denominan “deberes divertidos”. E a verdade é que cada vez que fan algo, quefdamos coa boca aberta.
Pois ben, como habitualmente, hoxe soprendéronnos con algunhas das súas creacións. E é que todas elas foron fantásticas, pero nesta ocasión queremos destacar dúas delas.
E por suposto, queremos animalos/as a seguir traballando do mesmo xeito.
Non foi posible facer unha festa ou un desfile de entroido como nos gustaría, pero desfrutamos do día igualmente.
Todos nos disfrazamos, vimos unha peli moi chula, fixémonos fotos, tivemos merenda libre... e ademais o desde o Concello do Irixo fixéronnos un regalo. Moitas gracias.
Por outro lado, a mochila viaxeira continúa o seu recorrido visitando unha casa tras outra!!
O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...