Hoxe celebramos o día da muller coa visita de Alba, unha contacontos que nos narrou a historia de Eulalia, unha nena da nosa idade.
E ao final fixemos un pequeno xogo de debate.
Ademais nos últimos días estivemos preparando un traballo: “A muller da miña vida”. Con esta actividade pensamos nunha muller (ou nena) que nos transmitise algunha emoción positiva e que fose importante para nós, debuxámola e explicamos os nosos motivos para escollela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario