Remataron as ordes do Meco por todo o alto, cos nenos e nenas do colexio disfrazados como auténticos velliños e velliñas.
Pero o entroido continúa e mañá será o día do noso desfile cos disfraces elaborados no colexio coa colaboración tanto de alumnado como de profesorado.
Dado que o centro de interese do colexio este ano son as emocións, escollimos disfrazarnos das personaxes do conto de Monstruo de cores, no que cada cor representa unha emoción.
Os nenos e nenas de infantil serán a rabia (vermello); os de 1º serán a calma (verde); os de 2º e 3º serán a alegría (amarelo); os de 4º serán o amor (rosa); e nós, os de 5º e 6º seremos a tristeza (azul).
Cal das cores será a máis bonita?
Mañá baixaremos camiñando ata a praza do concello, onde nos reuniremos ás 11:30 coas familias e veciños para celebrar o entroido todos xuntos.
E pola tarde correremos as comadres e os comprades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario