Wikipedia

Resultados de la búsqueda

miércoles, 21 de diciembre de 2022

Shrek. Festival de Nadal

 O Nadal está a piques de comezar e nós xa celebramos a súa inminente chegada. Hoxe fixemos o noso festival de Nacal.

Tras 2 anos sen poder celebrar o tradicional festival do cole, hoxe puidemos volver a xuntarnos todos, alumnado e familias, e desfrutar xuntos.

Este ano decidimos representar unha adaptación de Shrek, unha historia de amizade e lealtade, de amor e respecto… en definitiva, unha historia chea de valores positivos acordes ao que nos gusta transmitir aos nosos alumnos/as.

Agardamos que a representación fose do agrado de todas as familias. Todo o alumnado do colexio fixo un gran traballo, e velos sorrir e desfrutar do traballo, é a nosa mellor recompensa.

Noraboa a todos os actores e actrices, balaríns e bailarinas… fixeron un graaaan traballo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...