Hoxe retomamos a tradicional visita á residencia Pena da Sela. Que gañas tiñamos de poder volver.
Alí fixemos os bailes da obra de Shrek, cantamos a versión de Aleluia que todos ensaiamos con Ana, e rematamos a festa con panxoliñaa tradicionais.
Ademais Xesús leunos un dos seus poemas. Era precioso e estaba de cheo de consellos para nós.
Pero antes de marchar fixemos un pequeno intercambio de agasallos. Nós entregamos unha postal a todas as persoas da residencia (traballadores/as e internos/as). E desde a residencia convidáronnos a caramelos e entregáronnos unha pancarta preciosa de “Feliz Navidad”.
No entroido volveremos a visitalos!!
E antes de rematar o día… festa de fin de ano no comedor, con uvas, champín, música, bailes…
Foi un gran día.