Wikipedia

Resultados de la búsqueda

miércoles, 16 de noviembre de 2022

Xornada de RCP

 Tras recibir a visita dunha ambulancia a semana pasada, hoxe aprendimos a facer unha RCP (reanimación cardiopulmonar).

Ana, a mamá de Lois e Tiago, pasou a mañá con nós para que todos os nenos do cole aprenderan os pasos máis básicos dunha reanimación cardiopulmonar. 

Comezamos vendo un vídeo cunha canción que nos explica todo o proceso de maneira moi clara.

Despois practicamos cuns peluches que levamos ao cole para esta actividade e rematamos facendo a masaxe cardíaca sobre un torso de prácticas.

Ademais tamén vimos como se usa un DESA (desfibrilador semiautomático) e aprendimos como colocar a alguén en posición lateral de seguridade.

Foi moi interesante e aprendimos un montón!!

Finalmente despedimos a Ana e Elena entregándolles un pequeno obsequio como agradecemento pola súa visita.

Canción da RCP














No hay comentarios:

Publicar un comentario

Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...