Voltamos ao cole, e tras dous días de toma de contacto e de pasalo moi ben, chegamos á nosa primeira fin de semana.
O primeiro día, o xoves 8, foi xenial vernos todos novamente, atoparnos outra vez na aula cos nosos compañeiros dun curso menos, e tamén coñecer a un novo alumno. Ademais aprendimos a xogar aos barquiños e desfrutamos moito no patio.
O segundo día, hoxe venres 9, levamos baraxas españolas e aprendimos a xogar á escoba. Tamén tivemos unha actividade cuns contacontos sobre ciberseguridade, e fixemos un xogo en inglés.
Ademais, para este curso temos moitas novidades: xa non temos máscaras, sentámonos en grupos na aula, podemos xogar no patio co resto de nenos e nenas do cole, no comedor compartimos mesa con nenos/as doutros cursos e somos os encargados de servir a comida… É fantástico!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario