Como sabedes, esta fin de semana celébrase o entroido, e coma todos os anos, no colexio, anticipamos a celebración e comezamos a desfrutala durante toda a semana coas ordes do Meco.
Este ano comezamos o venres 18 portando algo na cabeza.
O luns adornamos o pescozo.
Seguimos o martes decorando os pés.
O mércores colgamos algo no cu.
E para finalizar, hoxe xoves, foi a nosa clase a encargada de elaborar a orde do Meco, que nos manda colocar algo na cara.
Que vos parece o noso cartel? Quedounos bonito?
E para rematar a semana, o venres poderemos acudir ao colexio co disfraz que máis nos guste e desfrutar dunha festa no patio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario