Wikipedia

Resultados de la búsqueda

jueves, 11 de noviembre de 2021

Magosto

 Coa chegada do outono chega tamén o momento de froitos como a castaña, e con iso… o Magosto.

Hoxe o clima acompañounos cun día totalmente soleado que nos permitiu celebrar esta festa tan nosa.

No comedor tivemos un xantar especial, con bolos preñados e bica con chocolate quente.

E pola tarde, tempo para xogar no patio mentres degustábamos as castañas que o Concello nos cedeu xa asadas.

Ademais, para rematar o día, fixemos entrega dos plátanos da campaña solidaria de axuda á illa de La Palma e fixemos reconto do diñeiro recaudado. Ari e Noelia foron as encargadas desta labor, e fixérono xenial!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...