Unha das novidades deste curso é o da biblioteca de aula. Todos os nenos/as da clase van aportar 2 dos seus libros favoritos e o colexio contribuirá tamén con algúns libros máis.
O obxectivo é compartir as historias que nos fixeron pasar bos ratos a cada un de nós, e a final de curso cada neno/a recuperará os seus libros. Desta maneira podemos acceder a moitos libros sen necesidade de que todos os merquemos.
Cada alumno/a lerá un deses libros cada mes, e ao rematalo realizará un pequeno traballo sobre o mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario