Wikipedia

Resultados de la búsqueda

lunes, 19 de octubre de 2020

Heroes contra o coronavirus

 Os nosos nenos e nenas participaron nunha charla informativa sobre a COVID-19. 

Coa axuda de vídeos e das explicacións do persoal sanitario que acudiu ao centro, lembraron moitas cousas sobre prevención fronte ao coronavirus: como lavar as mans de maneira correcta, como colocar a mascarilla, como esbirrar... 

Tamén aprenderon a diferencia entre coronavirus e COVID-19; fixeron unha actividade con pintura para comprobar a corrección do proceso de lavado de mans; propuxeron maneiras de saudarse evitando o contacto físico...

Todos e todas participaron respondendo preguntas e propoñendo solucións ás distincas situacións que se lles plantexaban, e ao final recibiron o seu carné de heroes contra o coronvirus: "VIRUS FIGHTER" porque xa son uns auténticos expertos sobre como previr o virus.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...