Hoxe visitamos o auditorio do Carballiño para asistir a Musilandia, un concerto didáctico no que aprendimos as diferentes categorías de instrumentos musicais e coñecimos algúns deles: frauta, saxofón, trompeta, trombón, piano, violín, marimba… Foi moi divertido e orixinal.
Wikipedia
martes, 30 de mayo de 2023
miércoles, 17 de mayo de 2023
Traballos de lectura
Chegaron os traballos sobre os últimos libros de lectura do curso 22/23.
O esforzo dos nenos e nenas ao longo do curso foi incrible e así se demostra con cada manualidade entregada.
jueves, 11 de mayo de 2023
Lucía gañadora do concurso literario sobre protección de datos
NORABOA, Lucía!!
Onte comunicáronnos que Lucía resultara gañadora do concurso literario sobre protección de datos organizado polo Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia. E ata saíu publicado no xornal.
E felicitamos tamén ao resto da clase, que igualmente fixo un gran traballo cunha temática realmente complicada.
martes, 25 de abril de 2023
Convivencia
Hoxe visitamos o colexio de Boborás para realizar unha xornada de convivencia con nenos e nenas doutros coles.
Fixemos actividades deportivas, de reciclaxe, houbo unha actuación en directo…
Foi moi divertido.
viernes, 21 de abril de 2023
Día do libro
Para celebrar o día do libro deste ano realizáronse varias actividades:
Primeiro Isaac falounos das abellas e fíxoo xenial.
Despois os nenos e nenas de 5º e 6ª fixeron un teatro de sombras para contarnos algúns contos.
E finalmente celebramos a feira do libro.
jueves, 20 de abril de 2023
Traballos de lectura
Vaise achegando o fin do curso e con iso imos chegando tamén ao final dos traballos sobre libros que facemos cada mes.
Aquí temos a última entrega.
martes, 21 de marzo de 2023
Insua dos poetas
Hoxe, no día da árbore e da poesía, visitamos a Insua dos Poetas para participar no tradicional acto que se celebra alí tal día coma hoxe.
Ademais de presenciar as actuacións dos demais colexios e institutos, recitamos algúns poemas de Xosé Luna. Presenciamos a inauguración dos murais dos 4 poetas aos que se adicaba a xornada de hoxe, e axudamos a plantar unha árbore.
Último día no colexio
O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...
-
O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...
-
Hoxe, venres 22 de xaneiro, damos comezo aos ciclos das mochila viaxeiras. Trátase dunha iniciativa que persegue animar ao noso alumnado a ...
-
Tras a volta das vacacións recibimos os traballos sobre os libros lidos no Nadal. A continuación podemos ver algún deses traballos.




















