Chega o mes de maio e no cole celebrouse a festa dos maios. Coa axuda da profe Ana os nosos nenos e nenas prepararon e cantaron unha copla diante do maio do cole, elaborado por profes e alumnos/as.
Wikipedia
viernes, 29 de abril de 2022
sábado, 23 de abril de 2022
Día do libro
No día de hoxe celebrouse o día do libro e para conmemoralo desde o colexio organizouse a 2ª feira do libro, onde nenos e nenas tiveron a ocasión de intercambiarse libros, ademais de asistir a unha lectura por parte do alumnado de 5º e 6º.
Pero tamén se fixo un sorteo dun pequeno obsequio en cada clase, así como a entrega de premios do Talento Cativo 2022.
viernes, 22 de abril de 2022
Traballos de lectura de abril
Tras as vacacións de Semana Santa os nenos e nenas de 5º e 6º entregaron os seus traballos sobre os libros da biblioteca de aula que leron durante o último mes.
Coma sempre, desfrutamos de grandísimos traballos, con manualidades espectaculares. Tanto é así que actualmente temos unha exposición con algúns deles na entrada do cole desde o patio, onde todo o alumnado os pode ver e desfrutar.
viernes, 25 de marzo de 2022
Mochila viaxeira (11ª ronda)
Hoxe foi o turno de Óliver para levar a mochila viaxeira, e con el rematamos o percorrido da segunda mochila por todas as casas dos nosos nenos e nenas, e a seguinte visita será xa con contidos renovados.
jueves, 24 de marzo de 2022
Traballos de lectura de marzo
Unha vez máis, aquí temos os traballos sobre os libros que cada neno/a escolleu no último mes.
Coma sempre, ademais da lectura e do traballo realizado sobre os contidos do libro, os nosos trapalleiros demostran ser auténticos/as artistas coas manualidades que presentan.
Aquí temos algúns dos seus traballos:
lunes, 21 de marzo de 2022
Día da poesía na Insua dos poetas
Hoexe tivemos a oportunidade de asistir á conmemoración do día da poesía, celebrada na Insua do poestas.
Compartimos o día con outros centros educativos da comarca e con numerosas personalidades da educación e a cultura.
Todos os centros escolleron a un representante para recitar un poema de Florencio Delgado Gurriarán. No noso caso o elixido foi Gabriel, que o fixo de marabilla.
Tamén vimos un pequeno concerto de música en galego sobre ritmos latinoamericanos.
E rematamos coa plantación dun ombú, unha árbore típica e representativa de Arxentina.
Adrmais, entregáronnos un libro a cada un de nós.
lunes, 14 de marzo de 2022
Contacontos
Hoxe recibimos no colexio a visita dunha contacontos con motivo da celebración do día da muller do pasado 8 de marzo.
Contounos 4 contos que nos encantaron, e fixemos algunhas tarefas que nos axudaron a comprender mellor que o por que da celebración deste día.
Foi unha actividade moi interesante e divertida.
Último día no colexio
O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...
-
O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...
-
Hoxe, venres 22 de xaneiro, damos comezo aos ciclos das mochila viaxeiras. Trátase dunha iniciativa que persegue animar ao noso alumnado a ...
-
Tras a volta das vacacións recibimos os traballos sobre os libros lidos no Nadal. A continuación podemos ver algún deses traballos.















