Wikipedia

Resultados de la búsqueda

martes, 20 de junio de 2023

Excursión ás Illas Cíes

 Hoxe fixemos a última excursión do curso. Visitamos as Illas Cíes. 

Para comezar collimos o barco en Baiona para chegar á illa. Unha vez alí merendamos e fixemos unha pequena ruta sendeirista para coñecer un pouco a illa.

Despois voltamos á praia para xantar e desfrutar dun rato de baño.

E por último, fixemos un xogo co monitor que nos acompañou antes de coller novamente o barco.

Foi un día intenso e divertido. 

















viernes, 16 de junio de 2023

Graduación

 E aproveitamos o día de festa para despedir tamén ao noso alumnado de 6º deste ano. Nesta ocasión son soamente 3 nenos/as (Ari, Noelia e Alejandro), pero que 3!!! Forman un grupo excepcional e moi querido por todo o colexio.

Ademais, aproveitouse o día festivo para facer entrega dos premios do festival de cine, onde Ari gañou un dos premios; do premio a Lucía polo conto sobre protección de datos; e dos premios do concurso de fotogracía da ANPA, no que Lucía e Marta gañaron un premio.

E para rematar Alejandro, Ari e Noelia fixeron unha pequena representación de despedida.

Moitísima sorte na vosa nova etapa!!!


Vídeo: Despedida 6º








miércoles, 14 de junio de 2023

Corto As Bruxas (Roald Dahl)

 Hoxe estrenamos a curtametraxe que preparamos para o Festival de Cine deste curso.

Nesta ocasión fixemos unha adaptación do libro infantil "As bruxas", de Roald Dahl.

Os nenos e nenas fixeron un traballo fantástico para que o resultado final fose o mellor posible. Agardamos que vos guste.

AS BRUXAS







lunes, 5 de junio de 2023

Excursión fin de curso

 Hoxe os trapalleiros comezaron a súa excursión de fin de curso e foron despedidos na entrada do cole antes do marchar.

Desfrutade moito!!



martes, 30 de mayo de 2023

Musilandia

 Hoxe visitamos o auditorio do Carballiño para asistir a Musilandia, un concerto didáctico no que aprendimos as diferentes categorías de instrumentos musicais e coñecimos algúns deles: frauta, saxofón, trompeta, trombón, piano, violín, marimba… Foi moi divertido e orixinal.




miércoles, 17 de mayo de 2023

Traballos de lectura

 Chegaron os traballos sobre os últimos libros de lectura do curso 22/23.

O esforzo dos nenos e nenas ao longo do curso foi incrible e así se demostra con cada manualidade entregada.




jueves, 11 de mayo de 2023

Lucía gañadora do concurso literario sobre protección de datos

NORABOA, Lucía!!

Onte comunicáronnos que Lucía resultara gañadora do concurso literario sobre protección de datos organizado polo Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia. E ata saíu publicado no xornal.

E felicitamos tamén ao resto da clase, que igualmente fixo un gran traballo cunha temática realmente complicada.



Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...