Hoxe os trapalleiros comezaron a súa excursión de fin de curso e foron despedidos na entrada do cole antes do marchar.
Desfrutade moito!!
Hoxe os trapalleiros comezaron a súa excursión de fin de curso e foron despedidos na entrada do cole antes do marchar.
Desfrutade moito!!
Hoxe visitamos o auditorio do Carballiño para asistir a Musilandia, un concerto didáctico no que aprendimos as diferentes categorías de instrumentos musicais e coñecimos algúns deles: frauta, saxofón, trompeta, trombón, piano, violín, marimba… Foi moi divertido e orixinal.
Chegaron os traballos sobre os últimos libros de lectura do curso 22/23.
O esforzo dos nenos e nenas ao longo do curso foi incrible e así se demostra con cada manualidade entregada.
NORABOA, Lucía!!
Onte comunicáronnos que Lucía resultara gañadora do concurso literario sobre protección de datos organizado polo Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia. E ata saíu publicado no xornal.
E felicitamos tamén ao resto da clase, que igualmente fixo un gran traballo cunha temática realmente complicada.
Hoxe visitamos o colexio de Boborás para realizar unha xornada de convivencia con nenos e nenas doutros coles.
Fixemos actividades deportivas, de reciclaxe, houbo unha actuación en directo…
Foi moi divertido.
Para celebrar o día do libro deste ano realizáronse varias actividades:
Primeiro Isaac falounos das abellas e fíxoo xenial.
Despois os nenos e nenas de 5º e 6ª fixeron un teatro de sombras para contarnos algúns contos.
E finalmente celebramos a feira do libro.
Vaise achegando o fin do curso e con iso imos chegando tamén ao final dos traballos sobre libros que facemos cada mes.
Aquí temos a última entrega.
O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...