Wikipedia

Resultados de la búsqueda

viernes, 14 de enero de 2022

Novas saídas da mochila viaxeira

 Coa chegada da 2ª avaliación, chega tamén unha nova ronda de visitas ás casas da mochila viaxeira. Nesta ocasión, o alumnado de 5º e 6º intercambiou as mochilas do 1º trimestre. A que levaban os trapalleiros de 5º agora lévana os de 6º e viceversa. Desta maneira todos teñen acceso aos mesmos contidos e poden consultar os diarios da mochila do resto de compañeiros/as pero sen ter que esperar tanto tempo para poder desfrutar dunha nova mochila.

Agardamos que a desfruten moito e compartan, a través do diario, as súas vivenzas favoritas coa mochila.



miércoles, 22 de diciembre de 2021

Festival de Nadal

Para conmemorar o Nada,, o luns 20 tivemos a oportunidade de desfrutar do noso festival, mentras que o martes 21, último día de clase, vimos a gala Anticovid.

Nas seguintes ligazóns pódense ver os dous vídeos.

Que vos parecen as actuacións dos nosos trapalleiros?? A que o fixeron realmente ben??

Festival de Nadal 

Gala anticovid

martes, 21 de diciembre de 2021

Bo Nadal

 Chegou o final do primeiro trimestre, e despedímolo coa nosa tradicional “festa de fin de ano”.

Aínda que este ano continuamos sen poder celebralo como se merece por culpa da Covid, pasámolo xenial, e collemos as vacacións con moitísimas gañas.

Desde a clase dos Trapalleiros do Irixo desexamosvos a todos/as a mellor das saúdes e o maior dos desfrutes para estas vacacións.

Vémonos á volta, no 2022. Agardámosvos cos. Razos abertos.



lunes, 20 de diciembre de 2021

Mochila viaxeira (6ª ronda)

 E para rematar as visitas da mochila viaxeira ás casas dos trapalleiros, hoxe foi o turno de Óliver, que desfrutará dela durante as vacacións do Nadal.



Revista primeiro trimestre

 Para a revista do primeiro trimestre deste curso o noso alumnado realizou unhas fotografías buscando algún efecto gracioso, curioso. bonito... Posteriormente elaboraron un texto explicando o que fixeran e algunhas curiosidades sobre o proceso levado a cabo.

Aquí vos deixamos algunhas das "tomas falsas". Para ver os traballos reais tocará esperar a ter a revista.




viernes, 17 de diciembre de 2021

Traballos de lectura de decembro

 Co remate da primeira avaliación chegaron os últimos traballos sobre os libros que os nosos nenos e nenas leron neste último mes.

Unha vez máis presentaron unhas manualidades espectaculares. Que vos parecen?












viernes, 3 de diciembre de 2021

Concurso de postais

 Esta semana tivo lugar o concurso de postais de Nadal deste curso.

O alumnado de todo o colexio tivo unha semana para elaborar as súas postais e todos fixeron un gran traballo pero… quen gañaría ao final??

Pronto o saberemos.

Mentres, para ir abrindo boca, aquí vos deixamos as propostas dos nenos e nenas de 5º e 6º.



Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...