Wikipedia

Resultados de la búsqueda

miércoles, 12 de mayo de 2021

Rap das Letras Galegas

O día das Letras Galegas neste ano 2021 están dedicadas a Xela Arias.

Con motivo deste día, e dado que non volvíamos ao cole ata o día 18, decidimos adiantar a celebración a hoxe, día 12.

Todas as aulas prepararon un rap relacionado coa conmemoración que nos ocupaba e coa autora homenaxeada. Acudimos ao polideportivo e alí cantámolos todos. Quedaron moooi chulos todos. E

Se pinchades na primeira imaxe poderedes ver a nosa actuación.









jueves, 6 de mayo de 2021

Traballos das lecturas do mes de abril

 Rematado o mes de abril, os/as trapalleiros/as trouxeron os seus traballos sobre o libro que escolleron e leron neste último mes.

Como é xa costume, tiveron algunhas ideas magníficas e tremendamente orixinais.

Aquí deixamos unha mostra de todos eses traballos.






miércoles, 5 de mayo de 2021

Discapacidade

 Na mañá de hoxe tivemos a oportunidade de asistir a unha charla sobre discapacidade na que tivemos a oportunidade de aprender novas cousas sobre os diferentes tipos de discapacidade, o que estas supoñen... e sobre todo a poñernos na pel de quen as sofre. Para iso, ademais das explicacións e a aclaración de dúbidas, subímonos a unha cadeira de rodas e movímonos un pouco con ela. Desta maneira comprendimos un pouco mellor algunhas das dificultades que afrontan as persoas que viven ligados a unha destas cadeiras, así como a importancia que ten este instrumento para elas.

Foi unha actividade moi interesante.







sábado, 1 de mayo de 2021

Maios


 Onte celebramos a festa dos Maios no colexio cantando as coplas que se prepararon en cada clase.

Os nosos trapalleiros cantaron a súade maneira conxunta:

Que ano tan agobiante
tamén moi aburrido
moi pouco interesante
e nada divertido.

E nada divertido
quitaron un recreo
mantemos a distancia
así un día toleo.

Así un día toleo
sempre con mascarilla
creo que me mareo
menuda “pesadilla”.

Menuda “pesadilla”
doenme as orellaa
preciso unha pastilla
ou ir tomar paellaa.

Ou ir tomar paellaa
para afogar a pena
brindar cunhas botellas
polo fin desta condena.

viernes, 23 de abril de 2021

Día do libro



 Hoxe celebramos o día do libro, e para iso organizamos un intercambio de libros entre o alumnado do centro. Primeiro trouxeron un da casa, que estivo exposto durante toda a semana e finalmente, durante a mañá de hoxe, foron seleccionando o que querían levar a cambio. Ademais dos libros que aportou o alumnado, o colexio donou algún exemplar máis para que as posibilidades á hora de escollar foran máis amplas.

Tras este intercambio, realizouse un sorteo dun agasallo entre o alumnado participante na actividade.

E finalmente, limos un fragmento do Quixote. Cada neno e nena foi pasando a ler unhas liñas desta importante obra da literatura española.









jueves, 22 de abril de 2021

Charla sobre a muller na ciencia e nas Tic’s

 No día de hoxe o alumnado do noso colexio tivo a oportunidade de asistir a unha videoconferencia sobre as mulleres na ciencia e nas tecnoloxías da información e da comunicación. Nela escoitaron a varias mulleres que desenvolven a súa labor profesional nestes campos tras estudiar diversas enxeñarías, como a aeroespacial ou a informática.

Con esta actividade ponse en valor a valía das mulleres nestes campos e anima a todas as nenas, e por suposto tamén aos nenos, a traballar para conseguir todo aquelo que desexen, sen importar estereotipos de ningún tipo.





miércoles, 7 de abril de 2021

Os nosos trapalleiros

 Como todos e todas sabedes, desde principio de curso bautizamos ao alumnado de 3º e 4º como "Os Trapalleiros".

Ademais, co paso do tempo, fomos poñendo algúns "motes trapalleirescos" a cada un/unha deles/as e prometimos facer a presentación oficial neste blog.

Pois ben, recén comezado o 3º e último trimestre, aquí van os nosos trapalleiros:




Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...