Wikipedia

Resultados de la búsqueda

martes, 22 de diciembre de 2020

Festival

Como ben sabemos, hoxe rematamos o primeiro trimestre, e para celebralo non podía faltar o clásico festival de Nadal do cole. Aínda que este ano, a causa da COVID-19, vímonos na obriga de adaptar a maneira de levalo a cabo. Por iso, nesta ocasión foi un festival "multimedia" composto por dúas partes:

  1. Festival de Nadal do cole: todas as clases montaron en vídeo a súa actuación arredor o camiño de Santiago e o luns 21, despois do xantar, visualizámolos de maneira simultanea pero cada clase na súa aula. (Enlace ao vídeo do festival)
  2. Gala anticovid: Hoxe, martes 22, asistimos en directo e desde as aulas á Gala da comarca do Carballiño, onde participamos tanto coas clases de Primaria como coas de Infantil. (Enlace á Gala Anticovid)
Ademais, para poñerlle o punto final, no comedor desfrutamos da festa de fin de ano, con campanadas, contillón e brindis!!

E agora, é momento de descansar e recargar pilas, aínda que sen esquecer facer un pouquiño de traballo cada día para non perder completamente o ritmo.

Desfrutade moito do Nadal e vémonos no mes de xaneiro!!





Chegou o Nadal

 Chegou o día de dar as vacacións de Nadal ao noso alumnado tras uns meses moi intensos e de moito traballo.

Neles fixemos moitos exercicios, participamos en diferentes festas e conmemoracións, preparamos obras de teatro... E para poñerlle o mellor broche final, despedimos o ano 2020 co noso Belén particular e desexando que este ano, Papá Noel e os Reis Magos veñan cargados de moitos bos momentos, pero sobre todo, de moita normalidade, esa que tanto extrañamos e que estamos desexando que volva!!

Bo Nadal a todas as familias e os/as nosos/as nenos/as!!!

Agardámosvos en xaneiro coas pilas ben cargadas!!!








lunes, 21 de diciembre de 2020

Traballos dos nenos e nenas de 4º

 A finais do mes de outubro os nosos nenos e nenas de 3º e 4º de primaria fixeron unhas redaccións relacionadas co Samaín.

As do alumnado de 3º poderanse ver mañá editadas na revista escolar, e as de 4º publicámolas hoxe neste blog, posto que eles/as participan na revista con outros traballos.

Desexamos que vos gusten as súas creacións.





viernes, 18 de diciembre de 2020

Que estarían a facer os nosos nenos/as así vestidos?

 Esta semana os nenos e nenas de 3º e 4º andiveron polo cole dun lado para outro, arriba e abaixo... ían vestidos raros, algúns levaban picas de madeira... Que andarían a facer??

O próximo luns 21 descubrirémolo...




miércoles, 9 de diciembre de 2020

Neve no Irixo

 O venres, como se fose unha benvida á ponte que nos agardaba, chegou a neve ao colexio. Desde ben cedo, cando os nenos e nenas aínda non entreran á clase, comezamos a ver como caían algún copos. Pero o mellor estaba por chegar, pois un pouco máis tarde eses poucos copos foron a máis, e os nosos trapalleiros non puideron aguantar as gañas e saíron a xogar un ratiño baixo a nevada.

Desfrutaron moito, descubriron ata que punto a neve está fría e aproveitaron para desexarnos un BO NADAL!!






Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...