Wikipedia

Resultados de la búsqueda

jueves, 12 de noviembre de 2020

O Magosto da Pena da Sela

 No día de onte, mércores 11 de novembro, celebramos o Magosto no noso cole.

Debido á situación sanitaria na que seguimos, a festa tivo que ser adaptada, mais iso non impediu que os nosos nenos e nenas pasaran unha tarde moi divertida:

Bailaron, correron, xogaron e sobre todo, comeron unhas ricas castañas asadas donadas polo Concello do Irixo.

Ademais, durante a última semana, utilizaron castañas e outros produtos do outono para elaborar uns adornos que lles quedaron preciosos e que quedaron expostos na entrada do patio do cole xunto aos das outras clases.






jueves, 5 de noviembre de 2020

Elaboración de pelotas de malabares caseiras

 Boas tardes, alumnado e familias.

Hoxe amósovos, mediante un vídeo, como podemos fabricar as nosas propias pelotas de malabares.

Estas pelotiñas serán utilizadas despois na clase. Ademais, poderes usalas para xogar a un montón de cousas.

Lembrade que debedes traer polo menos 3, aínda que se queredes, podedes facer e traer máis por se vos rompe algunha.

Moito ánimo, veredes que son moi doadas de facer e seguro que vos quedan preciosas!!!

(Pincha na imaxe para acceder ao vídeo)




domingo, 1 de noviembre de 2020

Conxuros Samaín




Aquí podedes ver os terroríficos conxuros de Samaín que prepararon os nenos e nenas de 3º e 4º.


(pincha sobre a imaxe para velos)





Último día no colexio

  O curso chegou ao seu fin e hoxe pechámolo cun divertido día no que preparamos varias actividades: Entre de libros: desde a biblioteca obs...